Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Presentación

 

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ten como finalidade promover o traballo en rede entre as Universidades galegas nos eidos da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD), e a Educación para o desenvolvemento (EpD).


A RGCUD pon a disposición de universidades e da sociedade, unha base de datos de accións de CUD e EpD executadas coa participación universitaria. Esta ferramenta pretende facilitar a procura de experiencias e de grupos de traballo cos que poder xerar sinerxias nestas áreas.

Á súa vez, elabora un plan de formación anual destinado á comunidade universitaria galega, facilitando información sobre a oferta formativa existente en cooperación e educación para o desenvolvemento en Galicia e nas universidades españolas, e informa sobre as convocatorias existentes en CUD e EpD.

Comprendendo que o traballo en rede xera maiores e mellores impactos na transformación cara a un mundo xusto e equitativo, a RGCUD constitúese como a resposta da comunidade universitaria galega para afrontar este reto, e pretende converterse no referente galego da investigación, da educación e da cooperación universitaria ao desenvolvemento en Galicia.

 

Convocatorias

VII Convocatoria de Accións de EpD, Sensibilización e Participación Social

Do 24 de febreiro ata o 31 de outubro de 2020
Público: Estudantes, PDI e PAS