Publicada a convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade para alumnado

Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa en que o alumnado da Universidade da Coruña ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado con proxectos de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Ademais disto, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral, xa que, á volta da estadía, se realizan charlas para dar a coñecer a experiencia.

As estadías nos países do Sur global son de 1 a 3 meses, nas que a persoas da bolsa adxudicataria ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes da ONGD.

A OCV pode financiar a viaxe completa, o seguro de viaxe e unha axuda á manutención.

Bases: Anuncio GL-BasesPCR

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *