As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030.
Este curso insírese dentro do Programa de formación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGUC) destinada á comunidade universitaria galega e está financiado con cargo ao convenio asinado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona e presencial no Campus de Ourense.
Parte presencial (16 horas):
Os días 4, 11, 18 e 25 de outubro 16 a 20 horas.
Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o día 5 de novembro.
Programa
Parte presencial (16 horas):
Día 1. Teoría e práctica. 4 horas
Presentación e Introdución:
- Presentación dos obxectivos do curso e da metodoloxía de traballo.
- Exposición teórica sobre o Ciclo dun Proxecto de Desenvolvemento.
- Ciclo do Proxecto e a Metodoloxía do Enfoque del Marco Lóxico.
- Organización dos grupos de traballo. Posta en común do caso práctico.
Día 2_Traballo en Grupos. Teoría e práctica. 4 horas
Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento:
- A misión de identificación do proxecto. Axenda no terreo.
- Análise da Participación e concreción do colectivo beneficiario.
- Árbore de problemas e árbore de obxectivos.
- Posta en común do traballo dos diferentes grupos (mesas).
Día 3. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.
Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
- Análise de alternativas. Xustificación da alternativa elixida.
- Obxectivo Xeral e Obxectivo Específico.
- Resultados, Actividades, Indicadores e Fontes de Verificación na cooperación universitaria.
Día 4. Traballo en Grupos. Teoría e práctica.4 horas.
Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID:
- Matriz do Marco Lóxico.
- Como pasar da identificación do proxecto ao Documento de Formulación: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.
- Claves para cubrir os documentos de formulación de diferentes axencias de desenvolvemento.
Execución, Seguimento e Avaliación.
- A execución e a xustificación a partir da formulación.
- Seguimento e acompañamento das actividades
- Recursos económicos, técnicos e humanos.
- Avaliación do proceso e dos resultados*.*
Traballo autónomo 8 horas:
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente entregaranse a través de MOOVI.
Ata o 5 de novembro.
Enlace para preinscrición:
Deja una respuesta