XVIII Convocatoria de PCR 2025

Queres participar nun proxecto de cooperación internacional?
Se queres unir os coñecementos do teu grao/mestrado e facer un proxecto nun país en vía de desenvolvemento, esta é a túa oportunidade: Proxectos de Coñecemento da Realidade
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC abre a XVIII Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) para estudantes que desexen realizar unha estadía en países en desenvolvemento colaborando con ONGD, universidades ou outras entidades de cooperación.
Se te seleccionamos, costéase:
  •  a viaxe
  •  o seguro de viaxe
  • unha axuda para a manutención
Está aberta ate o día 2 de abril de 2025

Que che ofrece esta convocatoria?

  • Posibilidade de realizar un proxecto vinculado a cooperación para o desenvolvemento.
  • Estadías de entre 30 e 90 días en países do Sur Global.
  • Validación do traballo como TFG, TFM, tese, prácticas ou proxecto de materia.

Requisitos

  • Estar matriculado na UDC no curso 2024/2025.
  •  Ter apoio dunha entidade de acollida e dun docente da UDC.
  • O proxecto debe realizarse en países definidos nos plans de cooperación galega e española.

Podes ver a convocatoria completa neste enlace.

Bule!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *