A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o V Concurso de vídeos «MÓVETE POLOS ODS» co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc…
O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña
Participantes:
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.
Temática:
Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, entre outros.
A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Os premios para os videos máis votados en Youtube consistirán nunha dotación económica de:
1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €
2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €
Premio á innovación: 400 €
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria o 3 de outubro de 2025.
Deja una respuesta