Traballo Fin de Grao en Economía. Universidade de Santiago de Compostela. Curso 2014-2015.
Autora: Briones Mouta, Paula. Directora: Sánchez Carreira, María del Carmen
RESUMO: O establecemento dos Obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan que, a pesar de terse logrado a primeira meta, predominan os incumprimentos, especialmente a nivel rexional e para o caso de África Subsahariana. Así, a pobreza, a fame e o traballo vulnerable seguen persistindo, afectando anualmente a millóns de persoas do mundo subdesenvolvido e incidindo principalmente sobre colectivos vulnerables como son a infancia e a muller.
Dispoñible aquí
A convocatoria PCC (Proxectos de Coñecemento da Cooperación) é unha iniciativa que a OCV convoca co obxectivo de que o Persoal Docente e Investigador e o Persoal de Administración e Servizos (PDI e PAS) da Universidade da Coruña poidan coñecer as realidades dos países do Sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento, a través dalgunha ONGD.
As estadías nos países do sur son dunha a catro semanas, nas que a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.
O proxecto a realizar estará directamente relacionado co posto que a persoa solicitante desempeñe na UDC.
A OCV financia a viaxe completa até a localidade onde ten lugar o proxecto (ida e volta) e o seguro.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de marzo.
Profesora de Dereito, é a actual decana da Facultade de Humanidades en Ferrol. Está a traballar na posta en marcha dun Grao en Estudos Globais e Cooperación ao Desenvolvemento na dita facultade.
O alumno, que desfrutou dunha bolsa PCR na edición 2018, presentou o seu TFG co título sinalado.
O proxecto pretende realizar un concurso de ilustracións que fomenten a diversidade (cultural e sexual) e a responsabilidade (ambiental e lingÚística) para decorar os baños das Facultades de Educación e Socioloxía co fin de visibilizar a división e os roles de xénero perpetuados por estes espazos dentro da institución educativa e contrarestala. Está invitada a participar toda a comunidade universitaria e as asociacións colaboradoras coa mesma, e priorizaranse os traballos en grupo.
Este master ten dous obxectivos: 1) Proporcionar a profesionais en ciencias sociais e turismo unha actualización e perfeccionamento na planificación, desenvolvemento local e ordenación do territorio. 2) Desenvolver unha metodoloxía de formación on-line, complementada coa realización de módulos presenciais dunha semana de duración, para favorecer o acceso do alumnado á oferta formativa.
O ppal obxectivo desta actividade desenvolvida pola ONGD Entreculturas na UdVigo, ao aveiro do Proxecto de EPD Impórtanos!, é o de sensibilizar a diferentes colectivos que forman parte da sociedade viguesa, especialmente á Comunidade Universitaria en orde a lograr unha maior implicación coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e coa promoción do desenvolvemento humano e o exercicio pleno dos dereitos.
O Programa de Doctorado en Dereito Administrativo Iberoamericano nace dunha longa aspiración dun nutrido grupo de profesores universitarios e investigadores no campo do Dereito Público da UDC e de máis de vinte Universidades de toda Latinoamérica, con sólidos lazos profesionais trenzados desde a fundación, o 1 de marzo de 2002 do FIDA.
Este programa de voluntariado está adicado ao apoio escolar e á promoción da interculturalidade con menores, fundamentalmente pertencentes a minorías étnicas e/ou inmigrantes e descendentes.
Este proxecto vai dirixido a sensibilizar á comunidade universitaria sobre diversas temáticas relacionadas cos dereitos humanos.