Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

BD Cooperación

  • Formacion
    Proxecto de sensibilización da comunidade universitaria. Campus Elviña.
    Do 2010

    Este proxecto vai dirixido a sensibilizar á comunidade universitaria sobre diversas temáticas relacionadas cos dereitos humanos. 

  • Formacion
    Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial
    Do 2009

    Formación de titulados/as universitarios/as respecto ao desenvolvemento rexional, dotándoas de ferramentas prácticas para contextualizar as políticas públicas comunitarias dunha rexión concreta, capacitándoas para deseñar estratexias de desenvolvemento endóxeno da eurorexión no marco das políticas europeas e rexionais que estabrece a Estratexia Europea 2020

  • Formacion
    USC Sostible. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable
    Do 2016 ao 2017

    O presente proxecto enmárcase na Axenda 2030 apuntando directamente ao seu obxectivo 12: garantir modalidade de consumo e produción sostibles. Concretamente o obxectivo específico é introducir o Comercio Xusto (CX) na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a súa contorna como alternativa de consumo responsable e sostible. É dicir, impregnar a USC (entendida como comunidade universitaria: estudantado, persoal traballador e a propia estrutura institucional) dos valores e principios que sustentan o CX, fomentando unha cidadanía global e comprometida cunha transformación social positiva.

    Entidades agrupadas: PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario. Universidade de Santiago de Compostela, USC

  • Formacion
    Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transversais a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa
    Do 2014 ao 2015

    Este proxecto xorde coma continuidade daquelas propostas que tiveron maior impacto e coma resultado da constatación por parte de ASF, a través do traballo levado a cabo anteriormente, das carencias formativas e da sensibilización no eido da habitabilidade e o hábitat, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da contorna de A Coruña e no contexto galego en xeral.

  • Formacion
    Mestrado universitario en migracións internacionais: investigación, políticas migratorias e mediación intercultural
    Do 2008 ao 2015

    O mestrado mantén unha dobre vocación; formar investigadores especialistas no campo das migraciones, e desenvolver as competencias necesarias para o desempeño de tarefas profesionais asociadas ao campo das migraciones: mediadores culturais en Concellos, Centros Escolares, Ong´s e xestores de proxectos vinculados ás migraciones. O mestrado consta de 60 creditos.

  • Formacion
    II Convocatoria de axudas de educación para o desenvolvemento, sensibilización e participación social
    31/12/2015

    Convocatoria da OCV co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlle pulo aos valores da solidaridade, sensibilizar sobre as causas da pobreza e as desigualdades e a necesidade de erradicalas, fomentar o desenvolvemento humano sostible e a xustiza social, así como favorecer iniciativas que promovan a participación social da comunidad universitaria da UCD.

  • Formacion
    Laboratorio de recursos sociais. O cooperativismo como referente da economía social.
    Do 5/2015 ao 11/2015

    Proxecto financiado a través da II Convocatoria de axudas de EpD, sensibilización e participación social da Oficina de Cooperación e Voluntariado no ano 2015, que pretende ser un encontro participativo que sirva para traballar, coñecer e analizar experiencias de acción solidaria, emprendimento social e economía social.

  • Formacion
    Xornadas Asociacionismo migrante e codesenvolvemento. Experiencias prácticas de investigación.
    Do 10/11/2015 ao 11/11/2015

    Xornadas sobre asociacionismo migrante e codesenvolvemento, onde presentouse os resultados das principais investigacións feitas ao respecto en España e xerar un espazo de coñecemento e intercambio de iniciativas e potenciais de codesenvolvemento por parte de asociacións de migrantes en Galicia. Proxecto organizado conxuntamente con Ecos do Sur e financiado pola OCV na II Convocatoria de EpD, sensibilización e participación social.

  • Formacion
    Leccións das mulleres do sur. Cambia de papel con Implicadas na UDC.
    Do 1/9/2015 ao 30/9/2015

    Proxecto financiado a través da II Convocatoria de axudas de EpD, sensibilización e participación social da Oficina de Cooperación e Voluntariado no ano 2015, e que ten como obxectivo incrementar o nivel de coñecemento sobre as causas e raíces da pobreza da comunidade universitaria. Impricadas no desenvolvemento e socia do proxecto.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25