Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

BD Cooperación

Flecha

Avaliación de programas sociais

Período de execución (180 horas lectivas)
Universidades participantes
Universidade de Vigo
Localización
Localidade: Ourense
Provincia: Ourense
País: España
Descrición

Materia que pretende introducir ó alumnado nunha tarefa máis precisa que nunca: establecer a medida en que deben levarse a práctica os programas de intervención social. A este respecto, trataranse de ensinar as competencias e habilidades necesarias para determinar a eficacia, eficiencia e impàcto dos proxectos e programas mediante os que se trata de dar solución as necesidades sociais.

Sector
Educación para o desenvolvemento: Fortalecemento da capacidade técnica (9982003)
Tipoloxía CUD
1. Acción de Formación
Tipo: Teórica: Titulación de grao (oficial)
Clasificación Xeral Básica da Actividade: con contidos vencellados estreitamente á cooperación ao desenvolvemento
Tipo de Obrigatoriedade: optativa
Tipo de impartición: presencial
Rama Científica onde se inscribe: Ciencias sociais e xurídicas
Observacións

Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais. Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente a respecto da confianza, a proximidade, a afectividade, as relacións igualitarias, o respecto á diversidade cultural, etc. Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián como soporte para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes. Deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social.

Participantes