O proxecto pretende realizar un concurso de ilustracións que fomenten a diversidade (cultural e sexual) e a responsabilidade (ambiental e lingÚística) para decorar os baños das Facultades de Educación e Socioloxía co fin de visibilizar a división e os roles de xénero perpetuados por estes espazos dentro da institución educativa e contrarestala. Está invitada a participar toda a comunidade universitaria e as asociacións colaboradoras coa mesma, e priorizaranse os traballos en grupo.