CETMAR, socio da agrupación estratéxica de I+D do Campus do Mar, apoiado pola AECID desenvolve este proxecto, denominado ERICA para fortalecer as políticas, a capacidade de intervención, a especialización e os servizos que brindan as entidades de Antioquia (Colombia), mediante o intercambio de coñecementos que contribúan a alcanzar maiores níveis de equidade neste departamento.
O resultado deste proxecto foi a elaboración dunha proposta de desenvolvemento socioeconómico incluinte da costa antioqueña, que sirva de guía ás autoridades locais, rexionais e nacionais e outros actores chave para a planificación estratéxica da rexión de Urabá. Partindo dunha diagnose sobre a situación pesqueira e mariña do Golfo de Urabá pertencente á costa Antioqueña, identificouse unha proposta de liñas estratéxicas para o desenvolvement dos seus recursos costeiros e mariños.