Formar aos mellores profesionais e investigadores no eido da Equidade e da Innovación, xerando unha investigación de calidade e de impacto socio-educativo que se constitúa en referencia nacional e internacional. O programa servirá para culminar o período de formación investigadora de docentes, futuros académicos e profesores universitarios, facilitando súa concurrencia a distintas ofertas de traballo cunha cualificación específica e relevante na sociedade e na eduación actual. O programa será demandado polo alumnado que queira obter as competencias e habilidades propias da actividade investigadora no ámbito dos estudios de Educación dende a perspectiva da Equidade. A meta profesional será un traballo dende a perspectiva da equidade en centros educativos co distintos niveles educativos.