O obxectivo do proxecto é extraer leccións e elaborar recomendacións para a mellora das intervencións da Cooperación Galega a partir da análise dos Plans de Desenvolvemento e Ordenación Territorial (PDOT) da zona 6 de planificación do Ecuador (provincias de Cañar, Azuay e Morona-Santiago).
Actividade financiada na Convocatoria de investigación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.