Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

BD Cooperación

Erro: Non hai traducións para a entidade
Flecha

OSMOSE. Ouverture structurée université Monde Socio-Economique.

Período de execuciónDo 2011 ao 2013
Localización
País: Marrocos, Alxeria e Tunicia
Descrición

Liderado pola Universidade de Burdeos, ten como obxectivo apoiar e fomentar as relacións universidade-empresa e difundir boas prácticas de traballo entre universidades de varios países do Magreb. Neste proxecto a Universidade de Vigo céntrase na promoción das relacións Universidade-empresa e na creación de consorcios nos que participen tanto as entidades empreariais como os centros de investigación universitaria.

Sector
Educación para o desenvolvemento: Fortalecemento da capacidade técnica (9982003)
Tipoloxía CUD
Financiación
ActorTipoAporte
Education, Audiovisual and Culture Executive AgencyUnión Europea936 000 €
Total936 000 €
Observacións

Os obxectivos do proxecto concretáronse en:

1.- Potenciación da comunicación entre as universidades e a súa contorna socioeconómica, creando mecanismos para que os investigadores dean a coñecer as súas capacidades de I+D+i e as fagan accesibles ás empresas.

2.- Desenvolvemento de accións de I+D+i en colaboración, xeración de consorcios e redes temáticas. Realización de encontros universidade-empresa.

3.-Estruturación dunha comunidade de investigadores/as novos/as en relación coa contorna socioeconómica, para facilitar a adaptación ás súas necesidades científicas e tecnolóxicas e a orientación da formación universitaria de cara ao emprego.