O obxectivo principal do proxecto é reforzar as unidades de formación de posgrao en temas de agricultura en Centroamérica, a través da cooperación universitaria internacional e o establecemento de relacións co sector produtivo. Os países obxecto desta intervención son Guatemala, O Salvador e Honduras, mais tamén participaron persoas de Costa Rica, Nicaragua, Cuba e México.
Actor | Tipo | Aporte |
---|---|---|
Contrapartes locais | Universidade Local | 2 500 € |
Universidade de Santiago de Compostela | Universidade Española | 2 000 € |
Xunta de Galicia. DXREeUE | Administración Pública Española | 25 112 € |
Total | 29 612 € |
Esta iniciativa súmase ás xa emprendidas desde o ano 2009 neste sector, as cales tiveron como un dos seus resultado máis visibles a creación dun doutoramento conxunto entre a USAC e a USC (http://agricultura-medioambiente.com/).