Trátase dun practicum deseñado por dúas institucións universitarias- unha españolal e outra mozambiqueña- para o exercicio da habitabilidade básica, baixo a metodoloxía da aprendizaxe-servizo. Este practicum aúna formación e acción para mellorar a capacitación docente da comunidade académica, ofertándose aos centros universitarios con competencias e intereses na constucción do hábitat, o territorio, o medioambiente e as infraestruturas, ao tempo que se incide na mellora real da habitación humana. O foco das accións deste sistema de aprendizaxe-servizo é a habitabilidade integral (auga, saneamento e habitación) abordado dende un punto de vista multidisciplinar polo que implica tamén, ademais de a centros de formación en materia de construción, ás facultades de Mediciña, Dereito e Socioloxia que abordan as dimensións non materiais do habitar.