Convocatoria anual de becas destinadas ao alumnado da UDC para a participación como voluntario/a nun proxecto de cooperación internacional xunto con organizacións sociais locais.
O principal obxectivo do proxecto é garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e infraestrutura de auga en Mozambique para reducir a pobreza. O obxectivo específico é mellorar significativamente, en 2014, os resultados da Administración de Augas Rexional do Norte (ARA-Norte), de acordo co seu estatuto orgánico, as concas interiores de Montepuez, Messalo, Megaruma e Orla Maritima.
RIMADEL naceu co obxectivo de crear unha plataforma de intercambio de coñecementos e recursos científicos para o deseño de sistemas avanzados de liberación de fármacos en enfermidades de alto impacto social e/ou económico.
Máis info: http://www.rimadel.org/
Fortalecemento das capacidades dos titulares de obrigacións para mellorar a xestión dos recursos hídricos y do impulso de procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento que garantan a viabilidade e sostibilidade dos proxectos.
Consolidación da Rede de Investigación en Xestión do Territorio e Información Xeo-espacial.
O obxectivo principal do proxecto é reforzar as unidades de formación de posgrao en temas de agricultura en Centroamérica, a través da cooperación universitaria internacional e o establecemento de relacións co sector produtivo. Os países obxecto desta intervención son Guatemala, O Salvador e Honduras, mais tamén participaron persoas de Costa Rica, Nicaragua, Cuba e México.
Apoio ao traballo realizado pola ONG Colombianitos no seu programa de formación cidadá, mellora das competencias comunitarias e a resolución de conflitos, a través da Educación Asistida por Animais na zona sur de Bogota (Colombia). Proxecto financiado na II convocatoria de PCC da OCV.
Apoio técnico ao proxecto homonimo financiado polo Ajuntament de Barcelona e executado por Arquitectura sen Fronteiras. Proxecto financiado na II Convocatoria de Proxecto de Conocemento da Realidade da OCV.
Os PCC son unha iniciativa en que o PAS e o PDI da UDC teñen a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para coñecer a sua realidade mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento e que poidan aportar os seus coñecementos profesionais a cada proxecto en particular.
Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.