Proxecto de colaboración coa Université des Sciences et Technologie Houari Boumediene, Alxeria. Os obxectivos eran establecer a relación institucional e colaboración científica entre dúas universidades.
Proxecto de colaboración coa Université Cheikh anta Diop de Dakar, Senegal. O obxectivo era a utilización dos líquidos iónicos como disolventes ou como catalizadores de reaccións orgánicas.
Proxecto de colaboración coa Universidad Católica Nuestra Señora de la Asunción Campus Itapúa, Paraguay e a Universidad Gastón Dachary, Arxentina. Creación dunha rede interuniversitaria para o desenvolvemento produtivo e a converxencia e integración de cadeas de valor na rexión transfronteiriza do departamento Itapúa (Paraguai) e do departamento capital da provincia de Misiones (Arxentina
Proxecto de colaboración coa Universidad Eduardo Mondlane de Maputo, Mozambique. O obxectivo formulado era tomar contacto cos docentes do ámbito lingüístico da facultade de Letras e Ciencias Cociales de UEMM.
Proxecto financiado pola Xunta de Galicia para crear unha unidade de xénero e cooperación no Centro Interdisciplinar de Estudos Americanistas "Gumersindo Busto". Este centro nace en 2005 coa voluntade de unir a todos aqueles membros da comunidade universitaria de interese americanista que compartan os seus obxectivos.
O obxectivo é mellorar a xestión sustentable do territorio e os procesos de planificación mediante o fortalecemento institucional e a formación de persoal técnico. Fortalecer as capacidades do Centro Integrado de Xeomática Ambiental (CINFA) da Universidade Nacional de Loja, dotándoo do equipamento e o coñecemento necesario para impartir formación avanzada.
CETMAR, socio da agrupación estratéxica de I+D do Campus do Mar, apoiado pola AECID desenvolve este proxecto, denominado ERICA para fortalecer as políticas, a capacidade de intervención, a especialización e os servizos que brindan as entidades de Antioquia (Colombia), mediante o intercambio de coñecementos que contribúan a alcanzar maiores níveis de equidade neste departamento.
Colaboración científica entre a Universidade de Vigo (España) e a Universidad San Francisco de Quito (Ecuador). O principal obxectivo deste proxecto era determinar experimentalmente se existía un efecto sinérxico entre o incremento da temperatura ambiental e o efecto das queimas da vexetación nos ecosistemas de páramo.