Liderado pola Universidade de Burdeos, ten como obxectivo apoiar e fomentar as relacións universidade-empresa e difundir boas prácticas de traballo entre universidades de varios países do Magreb. Neste proxecto a Universidade de Vigo céntrase na promoción das relacións Universidade-empresa e na creación de consorcios nos que participen tanto as entidades empreariais como os centros de investigación universitaria.
A filosofía deste traballo é chegar directamente aos principais protagonistas directos dos procesos analizados para obter deles unha información de primeira man, que permita esbozar un panorama realista e posto ao día do asociacionismo galego no exterior. Algúns dos países analizados son Arxentina, Uruguai, Cuba, Brasil, Venezuela, Portugal, Reino Unido,...
O obxectivo principal de investigación é avaliar un programa socioeducativo para a mellora do rendemento escolar dos alumnos/as procedentes da inmigración no Ensino Secundario Obrigatorio (1º e 2º) en centros educativos de Galicia.
Marco legal para impulsar a creación de mecanismos de cooperación entre o Campus do Mar e OSPESCA, dirixidas a fortalecer o desenvolvemento académico, científico, docente e de investigación do Istmo centroamericano no ámbito da pesca, a acuicultura a maricultura e maila súa comercialización, de xeito que repercuta positivamente no desenvolvemento sectorial e das persoas que dependen do mesmo.
Os PCC son unha iniciativa en que o PAS e o PDI da UDC teñen a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para coñecer a sua realidade mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento e que poidan aportar os seus coñecementos profesionais a cada proxecto en particular.
Convocatoria anual de becas destinadas ao alumnado da UDC para a participación como voluntario/a nun proxecto de cooperación internacional xunto con organizacións sociais locais
Proxecto en consorcio coa Universidade Andina Simón Bolívar (Ecuador), Universidade Católica do Norte. Antofagasta (Chile) e Universidade Privada de Santa Cruz (Bolivia), financiado pola AECID na convocatoria de PCI do ano 2011.