Financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a realización de obradoiros e seminarios en Brasil no marco do proxecto "A análise das representacións sociais do cambio climático como recurso para a educación ambiental: as relacións entre a cultura científica e a cultura común".
Convocatoria anual de becas destinadas ao alumnado da UDC para a participación como voluntario/a nun proxecto de cooperación internacional xunto con organizacións sociais locais.
Con el preténdese dar continuidade á primeira fase do proxecto para contribuír a impulsar a soberanía alimentaria e o uso racional dos recursos naturais no sur de Honduras, mediante o fortalecemento e a diversificación dos sistemas de produción familiar sostibles, facendo énfase no uso racional dos recursos naturais.
O proxecto proponse contribuír ao desenvolvemento do Sistema de Educación Superior do Ecuador mediante a mellora da calidade da Innovación, o Desenvolvemento, a Investigación e a Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da información Xeospacial.
A finalidade do prxecto é avaliar o impacto económico e social da acuicultura no desenvolvemento rural para a loita contra a fame en Angola, Mozambique e Namibia. En particular, definir e aplicar unha serie de indicadores para medir os efetos ambientales, económicos e sociais da acuicultura de pequena escala que permitan impulsar cambios nas políticas de acuicultura, seguridade alimentaria e desenvolvemento rural.
Proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
O Grupo de Investigación GEFIL da USC levou a cabo unha investigación que afonda na realidade laboral das mulleres emigrantes retornadas, desde o estudo dos seus perfís laborais e profesionais.
Máis info: http://www.usc.es/gefil/
Os obxectivos deste proxecto son detectar e identificar, por métodos microbiolóxicos e moleculares, a presenza de microorganismos patóxenos e no patóxenos nas augas costeiras marroquíes. Así como elaborar un catálogo de referencia, incluindo datos de barcoding xenético, dos microorganismos identificados.
O obxectivo é mellorar a capacidade para a realización de análises e de investigación orientados ao desenvolvemento agrícola e mellora da seguridade alimentaria de Mozambique, equipando os laboratorios de Solos e Tecnoloxía dos Alimentos da Facultade de Agronomía e Enxeñaría Forestal da Universidade Eduardo Mondlane (Maputo, Mozambique).