A finalidade da RINEF-CISOC reside en comprometer os saberes pedagóxicos cos procesos de cambio e transformación social que requiren as sociedades (local e global, da información e do coñecemento) do novo milenio, congruentes cos dereitos e deberes dunha cidadanía democrática, sustentada nos valores que alentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, a solidariedade, a paz...
Grupo de investigación composto por profesorado e persoal investigador da USC que traballan en temas relacionados coa agricultura e a economía alimentaria, as políticas agrícolas e o desenvolvemento rural, a xestión económica das explotacións agrarias, as cooperativas e a economía social e o desenvolvemento rexional. Máis info: http://ecoagrasoc.org/es/
Os PCC son unha iniciativa en que o PAS e o PDI da UDC teñen a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para coñecer a sua realidade mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento e que poidan aportar os seus coñecementos profesionais a cada proxecto en particular.
Convocatoria anual de becas destinadas ao alumnado da UDC para a participación como voluntario/a nun proxecto de cooperación internacional xunto con organizacións sociais locais.
O proxecto realizará unha “Guía Técnica de Mapas de Inundabilidad e Recomendacións de Prevención en eventos extremos”, que permitirá ás institucións, dispoñer dunha Guía Técnica para priorizar as actuacións en materia de control de inundacións. Ademais, o seu persoal técnico contará con formación específica e de calidade.
O proxecto aborda a participación política da comunidade migrante residente en Galicia desde a perspectiva teórica do transnacionalismo e concretamente, estudaremos os procesos de codesenvolvemento que teñen lugar a raíz das estratexias transnacionais das asociacións de migrantes e realizaremos unha análise de participación política das mulleres migrantes en Galicia.
O obxectivo do proxecto é extraer leccións e elaborar recomendacións para a mellora das intervencións da Cooperación Galega a partir da análise dos Plans de Desenvolvemento e Ordenación Territorial (PDOT) da zona 6 de planificación do Ecuador (provincias de Cañar, Azuay e Morona-Santiago).
Actividade financiada na convocatoria aberta de proxectos de investigación da Fundación EU-LAC (Unión Europea-América Latina e o Caribe).
O presente proxecto pretende desenvolver, adaptar e transferir coñecemento e tecnoloxía na área da conduta para a avaliación e xestión do risco de reincidencia delitiva xuvenil nos centros de reforma en catro cidades do Perú: Lima, Huancayo, Trujillo e Ucayali. Polo tanto, o obxectivo xeral é favorecer a inclusión social dos e das adolescentes que cumpren medidas xudiciais nestes centros.
Os PCC son unha iniciativa en que o PAS e o PDI da UDC teñen a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para coñecer a sua realidade mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento e que poidan aportar os seus coñecementos profesionais a cada proxecto en particular.