Fronte á maioría dos pronósticos realizados hai apenas uns anos, hoxe a enerxía eólica non só crece de forma imparable e bate tódolos récords, senón que ademais converteuse na mellor demostración de que as enerxías renovables poden contribuír a transformar o modelo enerxético tradicional.
A importancia do vapor de auga no sistema climático preséntase co fin de introducir a importancia das fontes e sumidoiros de humidade para a comprensión do clima. O estado a arte do sistema climático rexional preséntase a través dun resumo das principais características do clima da rexión, a súa importancia e a sensibilidade á obrigatoriedade dos sinais seleccionados.
Este traballo insírese dentro do campo analítico da economía da cultura e máis concretamente no terreo da economía do patrimonio histórico.
As cabeceiras forestadas dos ríos son un dos ecosistemas máis representativos dos climas temperados. Estes pequenos ríos (regatos) son ecosistemas acuáticos heterotróficos influenciados enormemente pola entrada de materia orgánica dende a ribeira.
Este traballo analiza a construción discursiva que a través da organización movemento das mulleres en Ecuador presenta ao público unha alternativa á proposta do Goberno en relación á "economía solidaria e as finanzas"
A finalidade desta investigación é determinar a influencia das migraciones sobre a movilidad social e laboral dos seus protagonistas unha vez que estes retornan aos seus lugares de orixe. A intención é definir a capacidade dos desprazamentos poblacionais na promoción do desenvolvemento nun ámbito transnacional (tanto nas localidades de partida como de chegada).
O obxectivo xeral é estudar as estratexias e traxectorias inter-xeneracionais de mobilidade social das segundas xeracións de emigrantes arxentinos e marroquíes asentados en España e das súas familias residentes no país de orixe. O noso interese é explorar a incidencia destas estratexias no desenvolvemento das comunidades de orixe desde un enfoque de xénero.
Proxecto financiado na convocatoria de investigación para o desenvolvemento da UDC no ano 2011
Proxecto financiado na convocatoria de investigación para o desenvolvemento da UDC no ano 2011