O obxectivo é o estudo da integración rexional do MERCOSUR e as políticas lingüísticas educativas. É unha cooperación entre a universidade de Vigo e a de Bos Aires.
Como obxectivo xeral preténdese demostrar a idoneidade da remediación electrocinética como técnica axeitada para separar e concentrar metais pesados nos residuos das minas. Implica a universidade de Vigo e a Universidade Técnica Federico Santa María.
Avaliación da existencia e uso dos recursos máis importantes das áreas en estudo, para elaborar un índice de potencial turístico comparativo (Galicia-Costa-Rica).
O obxectivo é o estudo da soldadura de aceiros catalogados como de baixa soldabilidade por medio dun láser díodo de alta potencia.
Revisar o concepto de iconicidade e a súa incidencia na gramaticalización.
Desenvolvemento de instrumentos virtuais que faciliten a presentación no computador dos sinais dos circuítos electrónicos etc.
Proxecto piloto en áreas limitadas á Cuenca do Prata e da Península Ibérica para desenvolver técnicas para o estudo dos períodos de recorrencia de enchentes baseadas nas novas condicións climáticas.
Desenvolver unha metodoloxía de aplicación e a posta a punto de ferramentas baseadas na utilización de ámbitos computacionais.
Analizar as asociacións de ións de interese bioquímico nas interfases de sistemas biomiméticos e sistemas macromoleculares.
Establecer as facilidades do caso para propiciar traballos de investigación en conxunto entre o grupo de Metroloxía Óptica da universidade de Vigo e o Grupo de Óptica Aplicada da Pontificia Universidade Católica do Perú.