Proxecto de colaboración coa Université des Sciences et Technologie houari Boumediene, Alxeria. A remediación electrocinética é unha tecnoloxía para o tratamento in situ de solos contaminados. Existe un interese crecente nesta tecnoloxía debido ás boas perspectivas dos ensaios realizados ata o momento.
Preséntase un inventario da macrofauna submareal. A mostraxe comprendeu todos os tipos de substratos sedimentarios submareais presentes na enseada, dende lama a grava.
Os sistemas de surxencia caracterízanse por tramas tróficas curtas, con poucos taxa intermedios entre o fitoplancto e os principais recursos pesqueiros, o que lles confire unha grande importancia económica. Ademais, os sistemas de surxencia caracterízanse por ser altamente dispersivos, polo que partículas planctónicas e augas ricas en nutrientes tenden a ser advectadas fóra da costa.
Tese de mestrado de Javier Fernández Rodríguez
Editorial: Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación: Los Libros de la Catarata.
Colección: Desarrollo y cooperación (Los Libros de la Catarata)
Un estudo da mobilización política producida polo Movemento indíxena zapatista.
Tese de doutorado de Hugo Armando Alberto Tasi.
O obxectivo é determinar o efecto da presenza de Echium vulgare na diversidade de polinizadores de plantas nativas en ecosistemas naturais en Chile.
Establecer o contacto entre os grupos de investigación solicitantes e a transferencia da tecnoloxía desenvolvida polo grupo de Vigo ao grupo colombiano.
O obxectivo principal do proxecto é establecer a viabilidade do tratamento electrocinético para a descontaminación e restauración dos chans contaminados. Para iso cóntase coa experiencia dos dous grupos de traballo na remediación electrocinética.