Os complexos retos que van asociados á pobreza global e ao desenvolvemento están cada vez máis presentes nas demandas profesionais das axencias, gobernos, ONG´s e organizacións académicas. Estos retos demandan profesionais do traballo social que poidan integrar un pensamento crítico e práctico dende diversas perspectivas para a búsqueda de solucións significativas e pacíficas.
O obxectivo da materia é que o alumnado sexa quen de comprender e analizar a perspectiva do desenvolvemento como unha realidade complexa dende as súas causas globais e locais, orientada contra a pobreza e exclusión social, é dicir, hacia o cambio; e que adquira as competencias que lle leven a intervir de xeito eficaz en contextos internacionais, nos que se traballe pola xustiza social e o cumprimento dos dereitos humanos.
Máis información en: https://seix.uvigo.es//docnet-nuevo/guia_docent/index.php?centre=105&ensenyament=O05G220V01&assignatura=O05G220V01905&any_academic=2014_15&idioma_assig=cast&idioma_assig=gal