Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

BD Cooperación

Flecha

VII Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Cooperación (PCC)

Descrición

A convocatoria PCC (Proxectos de Coñecemento da Cooperación) é unha iniciativa que a OCV convoca  co obxectivo de que o Persoal Docente e Investigador e o Persoal de Administración e Servizos (PDI e PAS) da Universidade da Coruña poidan coñecer as realidades dos países do Sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento, a través dalgunha ONGD.

As estadías nos países do sur son dunha a catro semanas, nas que a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.

O proxecto a realizar estará directamente relacionado co posto que a persoa solicitante desempeñe na UDC.

A OCV financia a viaxe completa até a localidade onde ten lugar o proxecto (ida e volta) e o seguro.

Prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de marzo.

Sector
Educación para o desenvolvemento: Procesos de planificación (9982001)
Tipoloxía CUD
1. Acción de Formación
Tipo: Teórica: Titulación de grao (oficial)
Clasificación Xeral Básica da Actividade: con contidos específicos sobre cooperación ao desenvolvemento
Tipo de Obrigatoriedade: troncal
Tipo de impartición: presencial
Rama Científica onde se inscribe: Humanidades