O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña.
Actor | Tipo | Aporte |
---|---|---|
Xunta de Galicia. DXREeUE | Administración Pública Española | 29 555 € |
Arquitectura sen Fronteiras | ONGD Española | 20 460 € |
Universidade da Coruña | Universidade Española | 20 533 € |
Outras privadas | Outra | 5 600 € |
Total | 76 148 € |
O obxectivo é sensibilizar e formar sobre o Dereito ao Hábitat na ensinanza secundaria e universitaria de Galicia, a través da visibilización da diversidade de realidades e problemáticas en torno aos dereitos humanos, a vivenda, a cidade e o mesmo hábitat en xeral, tanto no contexto local como internacional, así como mediante a introdución na UDC de contidos técnicos e sociais que, a través de múltiples actividades académicas, que doten de ferramentas básicas aos futuros profesionais do hábitat para facer fronte ás diferentes problemáticas dende un enfoque social e de dereitos.