Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Bolsas de formación de persoal experto en cooperación para o desenvolvemento

coopgal.jpg
Institución:
Xunta de Galicia

No DOG do 25 de maio publicouse a Orde do 6 de maio de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

O obxecto destas bolsas é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento. Os destinos para a formación das e dos bolseiros serán: dúas bolsas na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE e catro bolsas en distintas Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) de Latinoamérica ou África.

Os requisitos para poder optar a estas bolsas son, entre outros, ter nado a partir do 1 de xaneiro de 1985, estar en posesión dun titulo universitario e non ter sido con anterioridade beneficiario/a dunha bolsa de formación no eido da cooperación internacional.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria remata o 25 de xuño de 2016.

Para acceder ao documento da orde pincha aquí