Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de proxectos de investigación no marco do "Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común"

logo_artigo9tech.png
Ata o 14 de marzo de 2022
Institución:
ESF Galicia e Artigo9tech
Público:
PDI

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a rede de investigación Artigo9Tech abren unha convocatoria para a financiación de proxectos de investigación en tecnoloxías para o desenvolvemento humano (TpDH).

A convocatoria ten como obxectivo promover contribucións multidisciplinares ao desenvolvemento, ao uso e á promoción de novas tecnoloxías e enfoques técnico-científicos sobre a cooperación (local e internacional) e conceptos innovadores de desenvolvemento e sustentabilidade.

Pode participar o PDI de calquera universidade pública galega (financiarase só un proxecto por investigador).

É posible participar na convocatoria ata o 14 de marzo de 2022.

Cómo participar na convocatoria?

Instrucións para participar.  É preciso anexar dous ficheiros:

  • O CV actualizado do PDI responsable da proposta
  • Un ficheiro (texto ou folla de cálculo) que desagregue co máximo de detalle posible o orzamento de gastos da proposta, tendo en conta que os fondos ingresados só poderán destinarse a remuneracións (bolsas persoais, coa retención IRPF correspondente) ou material non inventariable (gastos contra factura emitida a nome de ESF).

Cal é o importe financiado?

Financiarase un máximo de 3.000,00€ por proxecto co que se poderán pagar retribucións ou material non inventariable. Os fondos asignados a cada proxecto transferiranse en dous pagos: 50% dos fondos despois da aceptación da axuda, e o 50% restante coa entrega da memoria técnica e económica final de execución do proxecto.