Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

logoxuntaweb.png
Institución:
Xunta de Galicia

No DOG do 28 de maio publícase a Orde do 14 de maio de 2019 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019.

O obxecto destas bolsas é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento e os destinos para a formación serán os seguintes: dúas bolsas na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela e catro bolsas en distintas Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) de Latinoamérica ou África.

 

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xuño de 2019.

Toda a información desta convocatoria, así com os requisitos da mesma, no seguinte enlace