Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de subvencións para actividades de promoción, divulgación e defensa dos Dereitos Humanos

31 Marzo de 2015
Institución:
MAEC

A Secretaria de Estado de Asuntos Exteriores do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España convocou subvencións para a realización de actividades de promoción, divulgación e defensa dos dereitos humanos.

O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, á que pode presentarse calquera institución ou entidade non pertencente ao sector público, finaliza o 18 de abril.

Esta convocatoria de subvencións ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento, a mellóra do coñecemento e o fortalecimiento dos dereitos humanos nas distintas esferas, mediante a realización de proxectos de ámbito nacional, ou de ámbito internacional de interese para España.

O financiamento das subvencións previstas na presente Resolución efectuarase con cargo ao crédito consignado a tales efectos no concepto presupuestario 12.04.142A.482 do Orzamento de Gastos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores para o exercicio 2015, ata un importe máximo total de 184.000 euros.