Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación

coopgal.jpg
Institución:
Xunta de Galicia

No DOG do 30 de decembro de 2015 publicouse a Orde do15 de decembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación.

O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para os seguintes tipos de proxectos:

• proxectos no exterior executados polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD).
• proxectos no exterior executados polos outros axentes de cooperación recoñecidos pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento (universidades, empresas, sindicatos, fundacións, comunidades galegas, etc).

 
O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o 30 de xaneiro de 2016.