No DOG do 23 de abril de 2019 publícanse as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global (EpDCG), para ONGD.
As entidades poderán solicitar o financiamento para actuación que se desenvolvan nalgunha das seguintes dimensións:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
As entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, sexan estes individuais ou en agrupación con outras entidades.
O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o 23 de maio de 2019.
Mais información neste enlace.