No DOG do 16 de maio de 2016 publicouse a Orde do 28 de abril de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento a executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para proxectos de educación para o desenvolvemento das ONGD, puidendo solicitar o financiamento para actuacións que se desenvolvan dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:
a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
c) Investigación sobre o desenvolvemento.
d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.
O prazo de solicitude remata o 16 de xuño de 2016