Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento a executar polas ONGD

coopgal.jpg
Institución:
Xunta de Galicia

No DOG do 16 de maio de 2016 publicouse a Orde do 28 de abril de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento a executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para proxectos de educación para o desenvolvemento das ONGD, puidendo solicitar o financiamento para actuacións que se desenvolvan dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:

     a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
     b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
     c) Investigación sobre o desenvolvemento.
     d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

O prazo de solicitude remata o 16 de xuño de 2016