O Premio ao Mellor Traballo de Fin de Mestrado, cuxa temática se enmarque nos Estudos do Desenvolvemento, pretende darlle pulo á investigación nese ámbito no marco dos programas de mestrado das institucións socias de REEDES (como é o caso da RGCUD), así como a promoción de traballos que poidan dar lugar a novas liñas de investigación.
Os traballos deberán ser orixinais e levados a cabo durante o curso académico 2017/2018. Poden presentarse en calquera das linguas oficias de cada mestrado. O premio ten unha cuantía de 500 euros. O prazo máximo de presentación dos traballos é o 15 de outubro de 2018.
Poden consultarse as bases da convocatoria aquí.