Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

II Convocatoria para a difusión traballos inéditos CUD e Axenda 2030

II Convocatoria para a publicación de artigos ou outras pezas de difusión inéditos vinculadas coa CUD e a Axenda 2030: ODS 4. Educación de calidade.

Crue Internacionalización e Cooperación, a través do seu Observatorio de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD), lanza esta convocatoria universitaria ao desenvolvemento e á Axenda 2030.

Acceso á convocatoria

O obxecto desta convocatoria é dar a coñecer accións singulares vinculadas coa cooperación universitaria ao desenvovlemento que se estén levando a cabo no seo das universidades españolas, ou nas que participen, orientadas aos tres grandes desafíos do mundo actual: a loita contra a pobreza, a loita contra a desigualdade e a sustentabilidade.

Por elo ábrense unha serie de convocatorias para a selección e publicación de traballos escritos inéditos que den a coñecer estas accións vinculadas co desenvolvemento. Cada convocatoria tratará un tema concreto de interese para a cooperación universitaria ao desenvolvemento.

Esta segunda convocatoria diríxise a actividades relacionadas co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4: "Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos".