Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Bolsas de formación de persoal experto en cooperación para o desenvolvemento

coopgal.jpg
6 de maio 2015
Institución:
Xunta de Galicia

No DOG de hoxe publicouse a Orde do 27 de abril de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de oito bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional para o desenvolvemento.

O obxectivo destas bolsas é a formación de persoal especializado en materia de cooperación para o desenvolvemento. Os destinos para a formación das e dos bolseiros serán de tres tipos: dúas bolsas na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE; cinco bolsas nas Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) de Mozambique, República Dominicana, Nicaragua, Ecuador e Perú; e unha nunha representación da FAO nun país prioritario da cooperación galega.

Os requisitos para poder optar a estas bolsas son, entre outros, ter nado a partir do 1 de xaneiro de 1984, estar en posesión dun título universitario e non ter sido con anterioridade beneficiario/a dunha bolsa de formación no eido da cooperación internacional.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria remata o 6 de xuño de 2015.

Para acceder ao documento da orde pincha aquí