Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Subvencións para Proxectos de Innovación para o Desenvolvemento 2016

aecid_logo.jpg
Institución:
AECID

A AECID lanza a convocatoria 2016 de subvencións a Accións de Cooperación para a realización de proxectos de innovación para desenvolvemento.

Esta convocatoria ten como obxectivo o financiamento de proxectos que impulsen, nos Países de Asociación da Cooperación Española, solucións innovadoras, xa desenvolvidas e testadas exitosamente a nivel piloto, co fin de aplicalas e demostrar a súa posibilidade de replicalas a maior escala buscando un impacto positivo e relevante nas condicións de vida das persoas máis desfavorecidas e na cohesión social. Os proxectos abordarán problemas sociais, económicos, medioambientais e da axenda de desenvolvemento de forma integrada e cun enfoque innovador, indo máis aló do eido meramente tecnolóxico.

Co obxectivo de promover o traballo en rede e en alianza, soamente poderán ser beneficiarios da presente convocatoria agrupacións integradas por a lo menos dúas persoas xurídicas de entidades do sector privado empresarial, entidades do sector social e entidades do eido académico e da investigación (incluídas as Universidades).

A presentación de solicitudes abrirase o día 30 de maio de 2016, no apartado "Subvenciones para Acciones de Cooperación para el Desarrollo" da Sede Electrónica da AECID, accesible desde a páxina www.aecid.gob.es e pecharase o día 29 de xuño de 2016 ás 17 horas (hora peninsular española).

Neste enlace accédese á convocatoria