Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de bolsas para Proxectos de Coñecemento da Realidade, PCR, 2017

Universidade:
USC

Os Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) son unha iniciativa na que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela ten a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para o desenvolvemento. Os PCR enténdense como unha ferramenta para mellorar os perfís profesionais do alumnado, complementándoo cunha experiencia práctica en terreo.

Os PCR deben estar encadrados dentro dun proxecto dun axente de cooperación para o desenvolvemento. Poderán ser de carácter técnico (proxectos de saneamento, hidráulica, construción e rehabilitación, …) socio-educativo, sanitario, de desenvolvemento comunitario, de adquisición de poder das mulleres, de capacitación de persoal técnico local, ou de calquera outro tipo. Deberán ter unha duración de entre 30 e 90 días.

Esta convocatoria vai dirixida a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela co seguinte perfil:

  1. Ter cursado ou estar a cursar algunha da formación organizada polo SEPIU no marco da RGCUD dentro do Programa de Formación Continua da USC en 2015-2017 (Curso Básico de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento –código FF7I- e/ou Curso de Perfeccionamento en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento –código FG7I). 
  2. Nacer o 1 de xaneiro de 1991 ou con posterioridade a esa data.
  3. Ter cursado ou estar a cursar algunha titulación (grao, posgrao, doutoramento ou similares) na Universidade de Santiago de Compostela.
  4. Contar con formación no eido da cooperación ao desenvolvemento e a participación social (mestría, cursos, xornadas, etc.).
  5. Ter capacidade para convivir e traballar en equipo en ambientes culturais e económicos diferentes.

Prazo de solicitude: 15 de marzo de 2017.

Máis info e texto da convocatoria pinchando aquí