Os Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) son unha iniciativa na que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela ten a posibilidade de se desprazar a un país do Sur para realizar unha estadía de cooperación para o desenvolvemento. Os PCR enténdense como unha ferramenta para mellorar os perfís profesionais do alumnado, complementándoo cunha experiencia práctica en terreo.
Os PCR deben estar encadrados dentro dun proxecto dun axente de cooperación para o desenvolvemento. Poderán ser de carácter técnico (proxectos de saneamento, hidráulica, construción e rehabilitación, …) socio-educativo, sanitario, de desenvolvemento comunitario, de adquisición de poder das mulleres, de capacitación de persoal técnico local, ou de calquera outro tipo. Deberán ter unha duración de entre 30 e 90 días.
Esta convocatoria vai dirixida a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela co seguinte perfil:
Prazo de solicitude: 15 de marzo de 2017.
Máis info e texto da convocatoria pinchando aquí.