Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria concurso vídeos " Móvete polos ODS"

concurso videos ods.jpg
Ata o 30 de setembro
Público:
Estudantes

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o I Concurso de vídeos "MÓVETE POLOS ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Os premios para os videos máis votados en Youtube consistirán nunha dotación económica de:

1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €

2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €

3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €

Premio á innovación: 400 €

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ate as 14:00h do 30 de setembro de 2021.

Bases do concurso: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/112104/carga.htm


Máis información en:
ocv@udc.gal
sepiu.santiago@usc.gal
direc.rsco@uvigo.gal