Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Cooperación UDC 2017

Universidade:
UDC
Público:
PDI e PAS

A convocatoria PCC (Proxectos de Coñecemento da Cooperación) é unha iniciativa que a OCV convoca por primeira vez no ano académico 2011-2012 co obxectivo de que o Persoal Docente e Investigador e o Persoal de Administración e Servizos (PDI e PAS) da Universidade da Coruña poidan coñecer as realidades dos países do Sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento, a través dalgunha ONGD.

As estadías nos países do sur son dunha a catro semanas, nas que a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.

O proxecto a realizar estará directamente relacionado co posto que a persoa solicitante desempeñe na UDC.

A OCV financia a viaxe completa até a localidade onde ten lugar o proxecto (ida e volta) e o seguro.