Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

III Convocatoria de Epd, Sensibilización e Participación Social

udc_logo.png

Co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlle pulo aos valores de cidadanía global na Universidade, que impulse un novo modelo humano comprometido activamente na consecución dun mundo máis sostible e equitativo, que valore e respecte á diversidade cultural, que promova o consumo responsable, que se comprometa coa erradicación da pobreza e as desigualdades, que defenda os Dereitos Humanos individuais e sociais, a igualdade de xénero, e que favorezan o coñecemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), promovendo a participación social comprometida e corresponsable da comunidade universitaria da UDC, a Oficina de Cooperación e Voluntariado convoca estas axudas de Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización e Participación social.