Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

IV CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA COOPERACIÓN 2015

03_simbolo_logo_cor.png
2 de Marzo 2015
Público:
Profesorado

Os Proxectos de Coñecemento da Cooperación (PCC) son unha iniciativa en que o Persoal de Administración e Servizos e o Persoal Docente e Investigador da Universidade da Coruña teñen a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación para coñecer as realidades dos países do Sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de Educación para o desenvolvemento e que poidan aportar os seus coñecementos profesionais a cada proxecto en particular.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre esta convocatoria a todo o PAS e o PDI desta Universidade que estea interesado en participar en programas de accións de coñecemento da realidade dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Mediante este programa procúrase un proceso de reflexión desde unha vertente práctica, para implicar as persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur e no traballo que se leva a cabo desde Galicia, fundamentalmente de sensibilización.