OBXECTO:
O recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado oficial realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados.
PREMIOS:
Convócanse 6 premios distribuídos por rama da titulación cursada:
CONTÍA:
A contía máxima de cada premio será a escoller pola persoa beneficiaria entre un premio en metálico de 500 € ou os prezos da matrícula de mestrado oficial na Universidade de Vigo que en todo caso deberá estar realizada o 15 de outubro de 2021. Tamén se lles outorgará un diploma.
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/746
Requisitos:
A) Ter superado o traballo fin de grao ou mestrado oficial durante o curso 2020/2021 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos
B) A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:
C) Así mesmo e debido as circunstancias excepcionais motivadas pola COVID-19, admitiranse nesta convocatoria as solicitudes de alumnado que superou o TFG/TFM nas convocatorias extraordinarias de setembro e decembro de 2020 e que non puido participar na convocatoria do 2019/2020, sempre e cando cumpra os restantes requisitos.
SOLICITUDE:
As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Premios ao mellor TFG/TFM en temáticas relacionadas coa Axenda 2030 existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238450
DOCUMENTACIÓN:
Deberán subir a seguinte documentación:
PRAZO:
Comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria e rematará o 30 de setembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
PRAZO PARA RESOLVER:
3 meses.
SILENCIO ADMINISTRATIVO:
Desestimatorio.