Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

V Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social

23 de marzo de 2018
Público:
PDI, PAS, estudantes

Esta convocatoria de Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización e Participación social, nace co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlle pulo na universidade aos valores da solidariedade, sensibilizar á sociedade sobre as causas da pobreza e as desigualdades Norte-Sur, Norte-Norte, fomentar o desenvolvemento humano sostible e a xustiza social, así como favorecer iniciativas que promovan a participación social da comunidade universitaria na UDC.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado publica esta convocatoria de educación para apoiar actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlles pulo aos valores de cidadanía global na Universidade, que impulse un novo modelo humano comprometido activamente na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, que valore e respecte a diversidade cultural, que promova o consumo responsable, que se
comprometa coa erradicación da pobreza e as desigualdades, que defenda os dereitos humanos individuais e sociais, a igualdade de xénero, e que favorezan o coñecemento da Axenda 2030 ao promover a participación social comprometida e corresponsable da comunidade universitaria da UDC.
Dentro desta convocatoria poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:
• Charlas, xornadas, conferencias, cursos, obradoiros exposicións etc., no ámbito da comunicación e a educación para o desenvolvemento.
• Actividades para a sensibilización da comunidade universitaria no ámbito dos dereitos humanos, a xustiza social e a participación cidadá, con especial atención á Axenda 2030.
• A publicación de materiais relacionados coas temáticas da convocatoria.