Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

VIII Convocatoria de accións de EpD, Sensibilización e Participación Social

r_imvec_206.jpg_2086347273.jpg
Ata o 30 de outubro de 2020
Público:
Estudantes, PAS e PDI

Esta Convocatoria de Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización e Participación social promovida pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña, xurdiu co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas pola comunidade universitaria cuxo fin sexa darlle pulo na universidade aos valores da solidariedade, sensibilizar á sociedade sobre as causas da pobreza e as desigualdades Norte-Sur, Norte-Norte, fomentar o desenvolvemento humano sostible e a xustiza social, así como favorecer iniciativas que promovan a participación social da comunidade universitaria na UDC.

 

As accións desenvolvidas poderán levarse a cabo tamén en formato virtual, e inclúe o apoio a accións de ApS.

As candidaturas deberán presentarse alomenos cun mes de antelación ao da realización das actividades, e o prazo máximo para levalas a cabo será o 30 de outubro de 2021.

Pódense consultar as bases aquí.