Ábrese a convocatoria PCR para este ano 2016
Os Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) son unha iniciativa en que o alumnado da Universidade da Coruña ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado con proxectos fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira.