Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XII Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR)

20 febreiro 2018
Público:
Estudantes

A convocatoria PCR (Proxectos de Coñecemento da Realidade) lévase a cabo todo os anos co obxectivo de que o alumnado da Universidade da Coruña poidan coñecer as realidades dos países do sur mediante a colaboración nun proxecto de Cooperación Internacional ou de educación para o desenvolvemento, a través dalgunha ONGD.

As estadías nos países do sur son dun a tres meses, nos que a persoa adxudicataria da bolsa ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxecto en terreo en execución coas copartes das ONGD.

A OCV financia a viaxe completa ate a localidade onde ten lugar o proxecto (ida e volta) e o seguro.

A data de presentación de solicitudes remata o día 21 de marzo de 2018