Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XVI Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR)

whatsapp-image-2018-10-25-at-11.46.12-7.jpeg
Solicitudes ata o 3 de marzo de 2023
Público:
Estudante

Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa en que o alumnado da Universidade da Coruña ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado con proxectos de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira. Ademais disto, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral, xa que, á volta da estadía, se
realizan charlas para dar a coñecer a experiencia.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 3 de marzo de 2023.

Acceso á convocatoria.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre a convocatoria a todo o estudantado desta universidade que estea interesado en participar en programas de accións de coñecemento da realidade. Mediante este programa procúrase un proceso de reflexión desde unha vertente práctica, para implicar as persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur global e no traballo que se leva a cabo desde Galicia, fundamentalmente de sensibilización.